miércoles, 1 de mayo de 2019

Síntese da moral Alquímica. Transformacións dos pensamentos.



A forza do pensamento como ferramenta de transformación:


O Pensamento de amor enche o ambiente de harmonía e de paz.
O Pensamento elevado limpa a mente e fai subir a enerxía vital.
O Pensamento enfocado a seres elevados, mestres ou Anxos xera vontade e optimismo
A Meditación serve para acceder á información que crea a paz interior.
A Imaxinación fecunda a mente coa semente da creatividade.
A Visualización crea a satisfacción persoal e a harmonía, axuda a alcanzar o obxectivo.
A Oración fomenta calma o desasosego e mobiliza a enerxía espiritual

Síntese da moral alquímica I


"O máxico e esotérico unirase ao exotérico e empírico para proporcionarlle
ao ser humano toda a información e as ferramentas necesarias en aras
 de aproveitar ao máximo o seu potencial interior."  

O potencial interior é alcanzado mediante a práctica de rituais como mantras ou oracións:
Consisten na repetición mental ou verbal dunha palabra ou frase cantada; teñen o propósito de illar a mente de todo pensamento contaminado. O seu efecto é absolutamente transmutador e sedante. Hai mantras para todo, para a saúde, para obter benestar interior, para promover a reconciliación, para alcanzar calquera propósito de vida. Vixiar a pureza do pensamento é o segredo para alcanzar a alquimia interior.

martes, 23 de abril de 2019

A utilidade da Alquimia no Século XXI

Na actualidade, a alquimia do poder do pensamento está sendo demostrada pola medicina neurocientífica grazas ás últimas investigacións do equipo de Giacomo Rizzolatti da Universidade de Parma.

Este científico demostra que o sistema que rexe a empatía está localizado no cerebro. 
Rizzolatti dálle o nome de neuronas espello a ese complicado entramado de células cerebrais 
que permiten captar a intención doutras persoas, imitalos, predecir ao seu comportamento e
incidir no entorno.

Esta é sen dúbida a alquimia do século XXI a que está abrindo posibilidades
relacionadas co poder que teñen os pensamentos cando enfocamos
ou visualizamos o que desexamos.
Unha das aplicacións máis útiles que ocupa os científicos é a que concierne a medicina.
Estase comprobando científicamente que
o sistema inmunolóxico responde ao poder do pensamento
e que a curación dunha enfermidade depende moito da actitude do
doente fronte ao problema.

viernes, 1 de marzo de 2019

3 achegas da Alquimia con maior relevancia. Parte III


III

Débense tamén aos alquimistas importantes traballos na medición dos pesos dos gases, as propiedades de certas sustancias alcalinas utilizadas en farmacia
 e o deseño
       dalgúns instrumentos 
                                 de medida,
                                       como o termómetro ou 
                                                                     o barómetro, 
                                                                              nas súas versións iniciais 
                                                                                                    máis rudimentarias.




martes, 12 de febrero de 2019

3 achegas da Alquimia con maior relevancia. Parte II


II

Os alquimistas lograron illar e sintetizar numerosos compostos químicos.
 Os resultados negativos das experiencias de transmutación cando se intentaron sobre un elemento conduciron, en definitiva, ao establecemento, como principio fundamental, de que había algo que non se podía transmutar mediante as operacións alquímicas, teoría que se concreta por vez primeira como idea especulativa na obra de Boyle, e que é logo demostrada experimentalmente por Lomonosov e Lavoisier.

miércoles, 23 de enero de 2019

3 achegas da Alquimia con maior relevancia. Parte I


I
A alquimia prestou un servizo moi positivo ao desenvolvemento das ideas científicas, particularmente da Química.

 Contribuíndo a establecer o concepto de elemento, delimitando as transformacións irrealizables mediante operacións de laboratorio.

Contribuíndo ao deseños, perfeccionamiento e desenvolvemento de aparellos
 tales como hornos, baños, decantacións, alambiques, serpentines, retortas, pelicanos, e outros moitos elementos de laboratorio que logo os científicos puideron utilizar nos seus traballos.