viernes, 21 de diciembre de 2018

Entrevista Parte II

🜶🜐🜐🜐.
Entrevistas sobre  alquimia Parte II: inspector xefe da Policía Local, e experto en alquimia, Luís Silva.

As súas investigacións son só teóricas ou prácticas?

Reuno as dúas cousas, primeiro fago investigacións teóricas e despois aplícoo á práctica. Os estudos en alquimia baséanse en estudar textos que se escribiron en épocas pasadas. Son moi escuros e temos que desvelalos. Cando xa tes algo descifrado tes que pasar á acción.

É fácil compaxinar a vida de Inspector Xefe da Policía Local cunha afección tan difícil como a alquimia?

O meu principal obxectivo é atopar un momento libre no que traballar. Só dedico o tempo xusto, teño en casa un pequeno laboratorio no que a miña familia respéctame. A alquimia é unha gran paixón que se compaxina moi ben coa miña profesión.

jueves, 20 de diciembre de 2018

Entrevista Parte I

🜶🜐🜐🜐.
Entrevistas sobre  alquimia Parte I: inspector xefe da Policía Local, e experto en alquimia, Luís Silva.

Luís Silva é inspector xefe da Policía Local e alquimista afeccionado. Fai xa varios anos descubriu a alquimia

Para os menos entendidos na materia, pode explicar en que consiste esta ciencia?

É unha ciencia, unha arte moi antiga que tiña como obxectivo a procura da pedra filosofal, que tiña unhas virtudes incribles. Esta pedra consegue transmutar os metais innobles en nobres, cura de enfermidades, aporta vitalidade, dá coñecementos e unha longa lista de propiedades beneficiosas para os humanos.

Ten na actualidade algún uso a alquimia?

Si, claro. É unha ciencia minimalista, non está ao alcance de todo o mundo. Non todo o mundo pode estudar sobre a alquimia. Somos un grupo moi pechado que nos explicamos os avances entre nós. A maioría de alquimistas somos moi discretos cos nosos avances.

viernes, 23 de noviembre de 2018

Introdución.



Benvidos a o meu Blog, son Raúl de Sas Ramos, tratarei o tema da alquimia, unha doutrina de estudo basada na ciencia e a filosofía.

jueves, 22 de noviembre de 2018

Alquimia: relación entre ciencia e filosofía


Na historia da ciencia a alquimia considerouse como unha protociencia, que segundo a filosofía da ciencia denomínase a aquelas doutrinas científicas en proceso de consolidación, separadamente tamén é incluída como unha disciplina filosófica que combina elementos da química, a metalurxia, a física, a medicina, a astroloxía, o misticismo, o espiritualismo e a arte.





miércoles, 21 de noviembre de 2018

Orixe da alquimia: antecesora da química

A alquimia occidental estivo sempre estreitamente relacionada co hermetismo, un sistema filosófico e espiritual que ten as súas raíces en Hermes Trimegisto, unha deidade sincrética (queria unir diversas doutrinas distintas)grecoexipcia e lenxendario alquimista.


Estas dúas disciplinas influíron no nacemento do rosacrucismo, un importante movemento esotérico do século xvii. No transcurso dos comezos da época moderna, a alquimia dominante evolucionou na actual química.

martes, 20 de noviembre de 2018

Os fundamentos da alquimia

Fundaban a súa ciencia en que o universo estaba composto de catro elementos clásicos aos que chamaban polo nome vulgar das sustancias que os representan, a saber: terra, aire, lume e auga, e con eles preparaban un quinto elemento, que contiña a potencia dos catro na súa máxima exaltación e equilibrio.


lunes, 19 de noviembre de 2018

Percepción da alquimia dende a sociedade da época

A percepción popular e dos últimos séculos sobre os alquimistas, é que eran charlatanes que intentaban converter plomo en ouro, e que empregaban a meirande parte do seu tempo elaborando remedios milagrosos, venenos e pocións máxicas.

domingo, 18 de noviembre de 2018

Alquimistas importantes e as súas fazañas. Parte I


Existiron algúns individuos que de verdade desexaban dedicarse en corpo e alma á alquimia e que eran o equivalente aos nosos científicos de agora. Homes e mulleres intelixentes con aptitudes excepcionais, que non se rendían ante unha marxe limitada de probabilidades de éxito e que non temían as faladurias dos seus veciños.

As anécdotas que se contan dalgúns destes personaxes son dignas de ser tidas en conta.

Bernardo Trevisan.

 Paracelso.

 María Sánchez de la Rosa.

Nicolás Flamel.



viernes, 2 de noviembre de 2018

Alquimistas importantes e as súas fazañas. Parte II

O primeiro da lista é Bernardo Trevisano. Este home de principios do século XV era perseverante ata o extremo, e malia as constantes decepcións, a falta de apoios e os soados fracasos, empeñouse en proseguir coas súas investigacións. Posiblemente tivo que facer fronte á frase que todos os pais do mundo repiten: «Fillo, quizá deberías dedicarche a outra cousa, porque isto non é o teu». Pero Trevisano negouse a cambiar de parecer, e pouco lle importou que a súa familia tomáseo por un demente ou se sentise avergoñada polo seu comportamento. Tamén foi enganado, e dedicou case vinte anos a un proceso errado proposto por un estafador(conseguir a vida eterna mediante prácticas alquímicas). Aínda que non conseguiu a inmortalidade propiamente dita, parece que quedou moi satisfeito cos seus logros finais.





foto de BernardoTrevisiano, un grande...

domingo, 28 de octubre de 2018

Alquimistas importantes e as súas fazañas. Parte III

Outra persoa que non tivo tanta sorte foi María Sánchez da Rosa, feiticeira famosa pola popularidade dos seus cosméticos, que acabou sendo procesada pola Inquisición, posiblemente debido á denuncia dalgunha competidora envexosa. O seu laboratorio estaba maravillosamente ben equipado, o que non é moco de pavo para a época.

sábado, 27 de octubre de 2018

Alquimistas famosos e as súas fazañas. Desenlace

De Paracelso cóntase que non só era un gran médico, senón que tamén conseguiu transmutar o plomo en ouro. En canto a Nicolás Flamel, hai que recoñecer que a súa popularidade transcendeu os círculos intelectuais grazas á literatura e á filmografía. Moitos oíron falar do seu álter ego grazas ás sagas de Harry Potter ou Animais Fantásticos e Onde Atopalos, O Nicolás real viviu no século XIV, e gañábase a vida como copista ou escribano.                                                                                                                                                                                                                                                                   Debido ao seu traballo, atopábase nunha posición privilexiada no tocante á obtención de manuscritosun día conseguiu, por un importe, o libro de Abraham o Xudeu.                                                                                                                                                                                                            Por desgraza, Flamel non entendía boa parte dos contidos, polo que pronto foi en busca de axuda para descifralo. A súa viaxe levouno a León, onde coñeceu ao mestre Canches, que era rabino e médico, e xuntos realizaron grandes avances, aínda qu por riba de males, o ancián mestre faleceu cando viaxaban de regreso a París. A partir de entón Nicolás e a súa esposa retomaron o traballo pola súa conta, e a lenda suxire que logo de vinte anos de estudo, conseguiron fabricar a pedra filosofal, coa que lograron a transmutación de metais viles en ouro, (ouro co que sufragaron obras públicas e gañáronse o aprecio dos seus veciños).

Ilustración de Flamel por J.K.Rowling.