viernes, 21 de diciembre de 2018

Entrevista Parte II

🜶🜐🜐🜐.
Entrevistas sobre  alquimia Parte II: inspector xefe da Policía Local, e experto en alquimia, Luís Silva.

As súas investigacións son só teóricas ou prácticas?

Reuno as dúas cousas, primeiro fago investigacións teóricas e despois aplícoo á práctica. Os estudos en alquimia baséanse en estudar textos que se escribiron en épocas pasadas. Son moi escuros e temos que desvelalos. Cando xa tes algo descifrado tes que pasar á acción.

É fácil compaxinar a vida de Inspector Xefe da Policía Local cunha afección tan difícil como a alquimia?

O meu principal obxectivo é atopar un momento libre no que traballar. Só dedico o tempo xusto, teño en casa un pequeno laboratorio no que a miña familia respéctame. A alquimia é unha gran paixón que se compaxina moi ben coa miña profesión.

jueves, 20 de diciembre de 2018

Entrevista Parte I

🜶🜐🜐🜐.
Entrevistas sobre  alquimia Parte I: inspector xefe da Policía Local, e experto en alquimia, Luís Silva.

Luís Silva é inspector xefe da Policía Local e alquimista afeccionado. Fai xa varios anos descubriu a alquimia

Para os menos entendidos na materia, pode explicar en que consiste esta ciencia?

É unha ciencia, unha arte moi antiga que tiña como obxectivo a procura da pedra filosofal, que tiña unhas virtudes incribles. Esta pedra consegue transmutar os metais innobles en nobres, cura de enfermidades, aporta vitalidade, dá coñecementos e unha longa lista de propiedades beneficiosas para os humanos.

Ten na actualidade algún uso a alquimia?

Si, claro. É unha ciencia minimalista, non está ao alcance de todo o mundo. Non todo o mundo pode estudar sobre a alquimia. Somos un grupo moi pechado que nos explicamos os avances entre nós. A maioría de alquimistas somos moi discretos cos nosos avances.