miércoles, 1 de mayo de 2019

Síntese da moral Alquímica. Transformacións dos pensamentos.



A forza do pensamento como ferramenta de transformación:


O Pensamento de amor enche o ambiente de harmonía e de paz.
O Pensamento elevado limpa a mente e fai subir a enerxía vital.
O Pensamento enfocado a seres elevados, mestres ou Anxos xera vontade e optimismo
A Meditación serve para acceder á información que crea a paz interior.
A Imaxinación fecunda a mente coa semente da creatividade.
A Visualización crea a satisfacción persoal e a harmonía, axuda a alcanzar o obxectivo.
A Oración fomenta calma o desasosego e mobiliza a enerxía espiritual

Síntese da moral alquímica I


"O máxico e esotérico unirase ao exotérico e empírico para proporcionarlle
ao ser humano toda a información e as ferramentas necesarias en aras
 de aproveitar ao máximo o seu potencial interior."  

O potencial interior é alcanzado mediante a práctica de rituais como mantras ou oracións:
Consisten na repetición mental ou verbal dunha palabra ou frase cantada; teñen o propósito de illar a mente de todo pensamento contaminado. O seu efecto é absolutamente transmutador e sedante. Hai mantras para todo, para a saúde, para obter benestar interior, para promover a reconciliación, para alcanzar calquera propósito de vida. Vixiar a pureza do pensamento é o segredo para alcanzar a alquimia interior.