II
Os
alquimistas lograron illar e sintetizar numerosos compostos
químicos.
Os resultados negativos das experiencias de transmutación
cando se intentaron sobre un elemento conduciron, en definitiva, ao
establecemento, como principio fundamental, de que había algo que
non se podía transmutar mediante as operacións alquímicas, teoría
que se concreta por vez primeira como idea especulativa na obra de
Boyle, e que é logo demostrada experimentalmente por Lomonosov e
Lavoisier.